Asociación hostelería
de bergantiños
Sábado 04 de Septiembre de 2010
Sábado 04 de Septiembre de 2010


Restaurante San Lorenzo

Fundación - Grelo - Amigos de Galicia

Betanzos, 18-1 ºd
15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 576 034 - Fax: 981 555 118

Jesús Busto Peteiro Presidente

A Fundación Amigos de Galicia é declarada de interés galego e cultural pola Xunta de Galicia con número 28.

A súa labor repártese entre a promoción cultural, a do idioma, a da gastronomía e a axuda aos colectivos máis necesitados de Galicia e da emigración

A Fundación leva 20 anos adicados ó servizo de Galicia e das súas xentes. Dende o principio foi fiel ós fins que animaron a súa constitución.

Potenciar a cultura

- A Fundación ten por obxecto promocionar o idioma galego: as súas letras, as súas artes e axudar a escritores, pintores, etc. Deste xeito a Fundación, xa dende hai anos creou os Premios de poesía Suso Vaamonde, de pintura Premio Fundación Amigos de Galicia, e de relatos curtos e contos Daniel Hortas e asímesmo editou e promoveu diferentes publicacións en galego, celebrando cada ano nun concello distinto, o Día das Letras Galegas.

Axuda ós colectivos máis desfavorecidos

- A Fundación adícase aos sectores máis necesitados da Nosa Terra; así axudamos a 3.000 anciáns, 900 nenos, xóves, mulleres maltratadas, fillos de prostitutas, Centros de Acollida, etc., proporcionándolles roupa, calzado, productos de hixiene, alimentos, etc. Colaboramos con diferentes entidades como Fundación San Rosendo, Cáritas, Auxilia, Aspamite,...

Axuda ó emigrante

- Atención especial ós emigrantes necesitados, sobretodo en América (donamos unha furgoneta- ambulancia, 100 toneladas de alimentos diversos, 4 contenedores con medicamentos e artigos de hixiene persoal, cadeiras de rodas, roupa, ...).

- Traballamos na percura dun censo á través dos Consulados co obxectivo de facilitar axuda psicolóxica e humanitaria e asistencia social. Neste eido, unha das prioridades é a posta en marcha dun Departamento de xestión e tramitación de documentos ante os organismos competentes.

Defender e potenciar a gastronomía e o turismo en Galicia

- A Fundación ten por obxectivo promocina-los productos galegos e, en especial, a súa gastronomía. Instituimos o Premio de Gastronomía Tradicional Lola Torres; organizamos a Festa do Bacalao de Vilagarcía, a Xuntanza da Emigración no Concello de Portas e participamos na Feira da Gastronomía de Galicia que se celebra en Ourense baixo o nome de Xantar.

A Fundación Amigos de Galicia ofrece unha serie de servicios que a continuación se relatan:

  • Axudas de medicamentos.
  • Axudas de roupa, calzado, artigos de hixiene persoal...
  • Axudas de alimentos
  • Tramitación de documentación previa e posterior para retornados.
  • Tramitación de prestación por desemprego, nivel contributivo e subsidios por desemprego a nivel asistencial.
  • Tramitación de axudas en favor de emigrantes retornados (asistenciais, integración laboral, acción de información socio- laboral, programas de formación profesional de carácter ocupacional).
  • Tramitación de asistencia sanitaria para pensionistas e para persoas sen recursos económicos.
  • Tramitación de pensións no contributivas do sistema da Seguridad Social (invalidez e xubilación).
  • Tramitación de pensións a favor de españois retornados que emigraron durante o período 1936 - 1942.
  • Tramitación e búsqueda de residencias para persoas maiores.
  • Axudas e prestacións a persoas con discapacidad
  • Tramitación de prestacións económicas non periódicas.
  • Tramitación para a convalidación e a homologación de títulos e estudios de educación non universitaria e educación superior.
  • Tramitación de becas e axudas de estudio.
  • Tramitación de programas da Unión Europea adicados á educación, á formación profesional e á xuventude. Tramitación de calquer trámite a facer en Galicia para emigrantes.

www.hosteleriadebergantinos.es

Diseño Web: E-Pulse S.C.